Acelérase o descenso de casos de coronavirus

Pontevedra
24 de xaneiro 2022

Coa última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra O Salnés acelérase o descenso dos casos activos de Covid-19, con 522 enfermos menos que onte domingo, o que sitúa o  todal de casos en 8.508. Nas últimas 24 horas curáronse 1.030 persoas.

Xente paseando por Pontevedra abrigada do frío (arquivo) Mónica Patxot

Coa última actualización dos datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra O Salnés acelérase o descenso dos casos activos de Covid-19, con 522 enfermos menos que onte domingo, o que sitúa o total de casos en 8.508. Nas últimas 24 horas curáronse 1.030 persoas.

Así, este luns 24 de xaneiro o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica 508 novos casos abertos nas últimas 24 horas. 

Hai un total de 89 pacientes enfermos de Covid que están ingresados en planta de hospitalización, son 9 máis que onte. 

Son 75 (nove máis que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 12 no Hospital do Salnés. 

Así mesmo, continúan 7 pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, outras 8.412 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 36.501 pacientes, 1.030 máis que onte. Faleceron por este virus na área sanitaria 240 pacientes.

En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 451 probas, que se engaden ás 382.241 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 210.579 probas de antígenos e outras 118.532 probas de detección da covid-19.

GALICIA

Os novos contaxios de Covid-19 e os casos activos manteñen a tendencia descendente iniciada esta pasada fin de semana en Galicia, con 4.337 positivos (un milleiro menos que o día anterior) e 71.376 infeccións (unhas 4.200 menos), mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 629 (37 máis). Pola súa banda, a taxa de positividade cae lixeiramente a un 19,6 por cento no conxunto da Comunidade galega.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 71.376 deles 15.114 son da área da Coruña, 7.266 da de Lugo, 7.350 da de Ourense, 8.508 da de Pontevedra, 18.876 da área de Vigo, 10.811 da de Santiago e 3.451 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 582 en unidades de hospitalización e 70.747 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 307.012 persoas curadas, rexistrándose 2.881 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.510.328.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.291.596.