Accidente de tráfico en Lérez con dúas persoas feridas

Pontevedra
25 de marzo 2025
Actualizado: 18:20

Segundo informou o Concello de Pontevedra tratouse dunha colisión frontal entre dous coches

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 Mónica Patxot

Dúas persoas resultaron feridas este martes como consecuencia dun accidente de tráfico.

Segundo informou o Concello de Pontevedra, os dous condutores foron trasladados a un centro sanitario con feridas leves.

O suceso tivo lugar minutos antes do cinco da tarde deste martes na estrada N-550, ao seu paso pola Ferreira na parroquia de Lérez.

O accidente consistiu nunha colisión frontal entre ambos os vehículos.

Foron mobilizados os bombeiros polo 112 e o tráfico permaneceu cortado por axentes da Garda Civil mentres interviñeron os servizos de emerxencias e ata que se completou a retirada dos coches e a limpeza da vía.