A área sanitaria de Pontevedra decidiu abrir un novo punto 'covid-auto' en Pontevedra, o terceiro que existe na cidade, para axilizar a realización de probas PCR ante o incremento dos contaxios que se están producindo nesta sexta onda da pandemia.
Este novo punto, segundo informa a xerencia da área sanitaria, estará situado nas inmediacións do pavillón deportivo de Príncipe Felipe.
Sumarase así aos xa existentes no Hospital Provincial e no Hospital Montecelo.
As autoridades sanitarias recomendan aos pacientes citados para unha PCR que se fixen ben no SMS da súa cita para identificar a cal dos tres puntos deben acudir e evitar confusións.