O campo de fútbol de Príncipe Felipe encara unha nova etapa, coa apertura este martes dos vestiarios recentemente renovados do recinto.
Esta apertura supón que a Deputación de Pontevedra completa as actuacións de mellora realizadas neste campo, no que investiu máis de 140.000 euros para renovar os vestiarios (60.000) e mellorar o alumeado (80.000).
A institución asumiu a remodelación do conxunto dos vestiarios, que constan dun soportal e vestíbulo que serve de acceso a unha serie de módulos prefabricados.
Co fin de solucionar a entrada de auga, optouse por impermeabilizar a cuberta e por recoller as augas en condutos pregados de aceiro e baixantes exteriores.
Ademais, na soleira proxectouse unha gabia corrida de saneamento á que se verterán as augas da cuberta e se conectará á rede de saneamento do campo.