O Concello de Ribadumia traslada que, o vindeiro 5 de xaneiro, os nenos do municipio terán a posibilidade de percorrer o municipio coas Súas Maxestades de Oriente a bordo das carrozas da Cabalgata de Reis.
Toda a pequena veciñanza está convidada a participar e coñecer ás Súas Maxestades durante a tarde do 5 de xaneiro, pois nelas gozarán da súa compañía e poderán vivir de preto o percorrido que realizarán os Reis Magos no municipio, así como repartir caramelos e demais larpeiradas a toda a veciñanza que asista a esta cita.
O prazo para inscribirse estará aberto ata o 15 de decembro, debido ao tempo de preparación e de planificación dos traxes de cada neno, que se ten que facer con antelación.
Amais, o Concello de Ribadumia tamén ten aberto o proceso de inscricións para todos os colaboradores que queiran axudar na elaboración e preparación das carrozas.