O Obradoiro de Hostalería do Centro Vacacional da Lanzada empeza a funcionar cun total de 36 alumnos.
A Deputación e a Mancomunidade do Salnés impulsan esta exitosa iniciativa custeada con fondos europeos e que ten un elevado índice de inserción laboral.
O presidente provincial Rafael Louzán explicou que as instalacións da Lanzada serán proximamente unha das catro Pousadas do Salnés, onde asegurou que algún dos alumnos poderá ter algunha oportunidade laboral.
Así, explicou que estas instalacións, accesibles para persoas con mobilidade reducida, xerarán en tempada alta entre 80 e 100 postos de traballo.
Louzán anunciou que se abrirán a mediados de 2013 e que serán xestores privados os encargados de xestionalas, aínda que nalgún caso poida haber concertos públicos para poder ofrecer formación.