Unha veciña de Poio de 24 anos e con antecedentes policiais foi detida polos axentes da policía Nacional como presunta autora dun delito de roubo con violencia.
Os feitos sucederon na tarde do pasado venres día 8 cando comerciantes da rúa Benito Corbal avisaron á policía pola presenza de varias mulleres que presuntamente estaban subtraendo mercancía nunha tenda.
Cando chegaron os axentes estas mulleres saían do interior do establecemento comercial polo que procederon a identificalas.
A encargada da tenda informou aos axentes que instantes antes ao observar a unha das mulleres do grupo subtraendo algún obxecto dirixiuse a ela para recriminarlle a súa acción ao que a muller respondeulle de forma agresiva e amenazante: ¿Que estás diciendo que estoy robando? Á vez que lle propinaba un forte bofetón na cara, tras o cal saíu fuxindo do establecemento tropezándose nese momento cos axentes que se atopaban no lugar e que procederon á súa identificación e detención.
No cacheo preventivo de seguridade interviñéronselle un par de medias e unha diadema subtraídas na tenda.
Á detida cónstanlle múltiples antecedentes por feitos de similares características
Instantes antes recibiuse outra chamada na o que se alertaba da presenza dun grupo de mulleres no interior dunha tenda da mesma rúa e o encargado denunciaba a sustracción de 10 pantalóns estampados, ademais doutras pezas por parte dunha muller da que aportaba características físicas que se correspondían claramente coa agora detida ademais de describir a mesma actitude agresiva e chulesca.
Por todo iso unha vez detida por un delito de roubo con violencia a moza foi trasladada a dependencias policiais.
Unha vez tramitado o correspondente ateigado policial, a detida será posta a disposición do Xulgado de Garda de Pontevedra. Á detida cónstanlle múltiples antecedentes por feitos de similares características.