Aberta a inscrición para solicitar praza no Coworking de Barro e na Aceleradora de Turismo

Pontevedra
13 de setembro 2020

Un total de 25 proxectos poderán beneficiarse destas iniciativas emprendedoras e de formación da Deputación Provincial. As persoas interesadas poden apuntarse a través das páxinas webs da EOI e de SmartPeme

Cuarta edición do Coworking de Barro Deputación de Pontevedra

Xa se atopa aberto o prazo para presentar  porpuestas para participar na sexta edición do Coworking de Barro e para a terceira Aceleradora de Turismo. Carmela Silva, presidenta da Deputación, mostraba este venres o apoio do goberno provincial a estas iniciativas coa intención de xerar proxectos económicos e crear emprego.

O Coworking de Barro realizarase vía  online debido á pandemia. A solicitude pódese realizar a través da páxina do EOI e seleccionaranse 20 proxectos emprendedores da provincia que se crearan de maneira recente. Acollerá de forma gratuíta estas iniciativas entre outubro de 2020 e marzo de 2021 que deben centrarse na dixitalización, a transición cara a unha economía sostible, a aposta polo I+D+i e as novas tecnoloxías.

As propostas seleccionadas recibirá un programa de asesoramento personalizado coa idea de validar os seus modelos de negocio. Contarán con sesións  forativas para manexarse en redes sociais, desenvolver un plan de márketing dixital, adquirir coñecementos  financiros e habilidades comunicativas.

A terceira Aceleradora de Turismo, pola súa banda, acollerá cinco proxectos. As prazas poden solicitarse ata o 15 de outubro a través da páxina web de Smartpeme. Neste caso, tamén recibirán unha formación moi exhaustivo para potenciar as iniciativas empresariais en tecnoloxía, imaxe dixital e competitividade, entre outras habilidades.