Ábalos pide aos galegos que "se ahorren" o voto ao PP "para no seguir cuatro años como hasta ahora"

Pontevedra
10 de xullo 2020

No tramo final da carreira cara as eleccións do 12 de xullo, os socialistas contaron cun reforzo de altura. Á espera de recibir a Pedro Sánchez, que pechará a campaña en Vigo, foi o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, o que viaxou ata Pontevedra

Acto do PSdeG-PSOE en Pontevedra co ministro de Transportes, José Luis Ábalos Mónica Patxot

No tramo final da carreira cara as eleccións do 12 de xullo, os socialistas contaron cun reforzo de altura. Á espera de recibir a Pedro Sánchez, que pechará a campaña en Vigo, foi o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, o que viaxou ata Pontevedra.

Nun acto de carácter festivo que o PSdeG-PSOE celebrou ao carón da praza de abastos, Ábalos reclamou o apoio aos socialistas galegos como respaldo das políticas "que ponen en valor lo público y que tienen como prioridad a los ciudadanos".

Fronte a isto, engadiu o ministro socialista, está un Alberto Núñez Feijóo que, ao seu xuízo, está a utilizar a presidencia da Xunta "como trinchera" ante o goberno central.

Ábalos sinalou que Núñez Feijóo emprega Galicia "como una parada, un apeadero, un tiempo de espera para alcanzar el liderazgo del PP" e cualificou de "pose" o feito de que "esconda las siglas" do seu partido porque "siempre está donde está la derecha". 

"No es el momento de prórrogas", explicou o ministro de Transportes, en referencia á entrevista de Feijóo na que avanzou que só gobernaría catro anos máis. "Es el momento de proyectos con impulso y con ambición que estén centrados en Galicia", ha añadido.

A ese respecto, Ábalos reclamou "lealtad y compromiso" para que Galicia tamén saia da crise apostando polos servizos públicos ao tempo que se manteña "con responsabilidad y solidaridad" a solvencia das empresas.

"La única fuerza política que puede representarlo es el PSOE y el único que puede representarlo en Galicia es Gonzalo Caballero", engadiu José Luis Ábalos, , que pediu aos galegos que "se ahorren" o voto ao PP "para no seguir cuatro años como hasta ahora"

CABALLERO APELA AO "VOTO ÚTIL" POLO CAMBIO

Pola súa banda, o candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, reiterou que Galicia "merece un cambio" tras os once anos "de agonía" que deixa o goberno de Núñez Feijóo e insistiu en que "o único cambio con garantías" é o que lideran os socialistas.

"O único voto que representa a forza do cambio é ao PSOE", sinalou Caballero na súa intervención en Pontevedra, na que apelou ao "voto útil" para mudar o futuro de Galicia. 

O candidato socialista destacou que "temos forzas, ganas, ilusión e estamos preparados para gobernar" e agarda que os galegos confíen nel para lograr unha vitoria "contundente" nas eleccións do domingo "que retire a un presidente desfasado" que ten un proxecto "esgotado".

De aí que Caballero chamara á mobilización do voto "de progreso" e dos galegos que queren "que Galicia avance", apoiando a "marca orixinal" que defende a sanidade e a educación pública e a opción de saír da crise "con máis estado do benestar" e cunha nova política económica e industrial que xere emprego de calidade "para que ninguén quede atrás".