A XXI Festa do Pan de Ribadumia lembrou como se facía o pan nas casas

O Salnés
11 de agosto 2024

Numerosas persoas achegáronse a esta iniciativa que se desenvolvía na Carballeira de Ribadumia con degustación, concursos e elaboración tradicional do pan de millo

Mostra da elaboración de pan en Ribadumia Concello de Ribadumia

Numerosas persoas achegáronse este sábado á vixésimo primeira edición da Festa do Pan, que se desenvolvía na Carballeira de Ribadumia, con degustacións, concursos e elaboración tradicional do pan de millo.

Entre as actividades que máis público acolleu se atopaba unha demostración, a cargo de Luisa e Cesáreo, sobre o antigo proceso de elaboración do pan nas casas.

Cesáreo realizaba esta tarefa desde que tiña doce anos e lembraba que era unha soa persoa quen asumía todo o proceso.

Explicaba ás decenas de nenos que se achegaron ata a carballeira que "igual no futuro, algún día, polo mundo adiante, tedes que saber facer isto".

Luisa, que aínda ten forno propio, indicaba como se debe remover a masa para despois darlle a forma de bóla final.