A reunión que Miguel Fernández Lores mantivo na Casa das Campás con distintos colectivos o pasado 11 de setembro para analizar a situación económica non infrinxe a normativa electoral.
No auto, a Xunta Electoral de zona non ten en conta a denuncia presentada polo voceiro local do PP, Jacobo Moreira. No escrito considérase que o feito de que o Partido Popular non fose expresamente invitado á xuntanza non é relevante para a causa e que das expresións realizadas por Miguel Fernández Lores durante o acto "non se pode concluir que esa reunión tivera como obxectivo influir no sentido do voto dos asistentes".
O voceiro do goberno local, Raimundo González, asegurou tras coñecer a resolución que "Jacobo Moreira non acerta unha".
A Xunta Electoral sobresé o caso co voto particular en contra formulado polo vocal do Partido Popular, Pablo Galván, quen discrepa da resolución adoptada e considera que o Alcalde de Pontevedra cometeu unha infracción e debería ter sido sancionado.