A Xunta e o Clúster Turismo de Galicia esperan un 2022 "absolutamente espectacular"

Sanxenxo
17 de xaneiro 2022

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal sinalaron que as expectativas para este ano apuntan que o 2022 "se a situación sanitaria o permite, vai ser absolutamente espectacular  

Alfonso Rueda e Cesáreo Pardal PontevedraViva

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal sinalaron que as expectativas para este ano apuntan que o 2022 "se a situación sanitaria o permite, van ser absolutamente espectacular".

Nun encontro con representantes do Clúster Turismo de Galicia celebrado este luns nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo, Alfonso Rueda fixo balance do pasado ano "cun segundo semestre espectacular" no que "Galicia superou todas as expectativas" grazas a demostrar que é un "destino seguro" acadando cifras moi semellantes ao 2019, antes da pandemia. 

Así a comunidade situouse en 25 puntos por riba da media nacional en canto á recuperación da actividade turística con 3,5 millóns de viaxeiros e 8 millóns de pernoitas, e con case 180.000 compostelas entregadas fronte ás 140.000 previstas.

Estes bos datos de 2021 foron grazas ao turista nacional, algo que agora "hai que consolidar" e "fidelizar a toda esa xente para que sigan vindo máis". Ademáis, a Xunta e o sector márcanse o obxectivo de "ir a polo turismo internacional" xa que as restricións entre países rebaixaron o número de viaxeiros estranxeiros notablemente, Tomando como referencia o Camiño de Sanitago, antes da pandemia, o 60% dos peregrinos non eran españois, mentres que o ano pasado só foi o 10%. 

Rueda apuntou que a información facilitada por diferentes axencias de viaxes sinala que a situación se estase a reverter. Neste sentido, o Camiño de Santiago vai ser "o produto estrela", asegurou o vicepresidente. 

Cesáreo Pardal confirmou que "esperamos que a partir da Semana Santa empecen a aumentar as ocupacións" xa que "todo fai pensar que este ano vai a seguir esta misma senda" de crecemento da actividade turística.

BONO TURÍSTICO

O vicepresidente primeiro prometeu un novo bono turístico por parte da Xunta "desde logo este ano ímolo facer tamén", anunciou. 

Na edición anterior desta axuda "ao redor do 98% do bono turístico foi consumido" informou Rueda, que lembrou que "houbo 12.000 tarxetas" o que, ademais dos usuarios de cada unha delas, "implica a moitas persoas" e xenera "un gasto engadido" porque os beneficiarios fixeron máis consumo nos lugares que visitaban.

Neste ano haberá unha nova edición para que viaxen os galegos para impulsar o turismo dentro da nosa comunidade "nos meses de menos demanda".

"Foi unha medida que axudou e vai ter que seguir axudando ata que a recuperación non sexa plena para que o sector turístico galego siga en cifras razonables", concluíu Rueda.