Arcade acolleu este sábado a Xunta Xeral da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra onde participaron Alfonso Villares, conselleiro do Mar, e José Manuel Rosas, presidente da Federación Provincial, entre outros.
Villares, durante a súa intervención, sinalou a importante labor que realizan as confrarías de pescadores na transformación e modernización do sector, e destacou a importancia de que ter en conta aos profesionais á hora de desenvolver as políticas pesqueiras.
Así mesmo, destacou o traballo que realizan entre os pósitos e a Consellería do Mar citando como exemplo a rede pioneira posta en marcha entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia (Redemar) co obxectivo de ter o mellor asesoramento científico que permita enfrontar os efectos do cambio climático e garantir a sustentabilidade da actividade.
Por último sinalou o traballo do goberno galego na articulación de diferentes liñas de axuda ao sector así como a creación o ano que ven dunha rede de oficinas na costa que asesore e axude na tramitación das axudas europeas do novo Fempa.