A Xunta decidirá o mércores se cede ou se queda con Alfageme

O Salnés
21 de xaneiro 2013

Este mércores 23 de xaneiro finaliza o prazo de 20 días hábiles que o Xulgado do Mercantil outorgoulle ao Instituto galego de Promoción Económica (Igape) para adoptar unha decisión respecto ao futuro de Alfageme. ÿ dicir, si escritura á súa propiedade eses bens ou si os cede a terceiras partes

Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria Xunta de Galicia

Este mércores 23 de xaneiro finaliza o prazo de 20 días hábiles que o Xulgado do Mercantil outorgoulle ao Instituto galego de Promoción Económica (Igape) para adoptar unha decisión respecto ao futuro de Alfageme. ÿ dicir, si escritura á súa propiedade eses bens ou si os cede a terceiras partes.

O pasado mes de decembro a Xunta adquiriu en poxa por 780.000 euros as naves de Vilaxoán e Ribadumia e a marca Miau.

A responsable comarcal do sindicato nacionalista CIG, Rosa Abuín, reitera que "se a Xunta non lle da os bienes a empresa El Consorcio nos vamos a presentar una denuncia por prevaricación".

As traballadoras de Alfageme están convencidas de que o proxecto empresarial que presentou este grupo conserveiro cántabro é o único que respecta os seus 150 postos de traballo, por iso insisten en que, de non levarse a cabo esta opción, a CIG presentará unha querela.

Os denunciados serían o director xeral do Igape "por falta de información e de lexitimidade ao concorrer a unha poxa sen os requisitos procedimentales necesarios", contra o anterior conselleiro de Industria, Javier Guerra "e posiblemente tamén teremos que ampliala contra este novo conselleiro Francisco Conde".

Os motivos de incluír na querella ao novo titular de Economía e Industria son que "aparte de que non nos recibe, entendemos que foi unha poxa desordenada, que non vai a manter os postos de traballo nin a unidade produtiva".

Arquivado en