A Xunta agarda o remate das obras do novo edificio xudicial no primeiro semestre de 2019

Pontevedra
08 de xullo 2018

A nova infraestrutura está prevista para albergar ata 28 xulgados e, deste xeito, evitar o colapso que se sofre nos actuais edificios da Parda e da Audiencia Provincial 

Construción do novo edificio xudicial da Parda PontevedraViva

Nova etapa para a obra de construción do novo edificio xudicial da Parda. A Xunta dá por finalizada a execución da estrutura básica e agora comeza a fase de elaboración dos tabiques interiores e a creación da sala de vistas piloto.

Estase á espera tamén da entrega da carpintería exterior para levar a cabo a montaxe, segundo informan desde Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

As dificultades técnicas atopadas na fase de cimentación obrigaron a establecer o remate da obra no primeiro semestre de 2019.

O edificio conta con 6 andeis sobre rasante. Nos dous primeiros instalaranse as salas de vistas e nos catro seguintes os xulgados, 7 por andel, ata alcanzar os 28 previstos. O edificio baixo rasante acolle dous pisos de soto, onde estará previsto establecer o aparcadoiro de uso privado para os traballadores do edificio e dos arquivos. Tamén se crearán salas de instalacións nesta zona.

Con esta nova infraestrutura, a Xunta quere solucionar o actual colapso que denuncian os traballadores nas instalacións do outro edifico da Parda e na Audiencia Provincial. Os dous inmobles situados na Parda estarán comunicados a través dunha pasarela cuberta, formando un único complexo.