A Xunta afirma que os xulgados contan con todas as medidas de protección necesarias

Pontevedra
02 de setembro 2020

Sinalan que están instalados biombos de metacrilato nos locais onde é necesario, e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico

Sala de vistas da Audiencia onde se celebran os xuízos con xurado Mónica Patxot

Nun comunicado emitido este mércores pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza se afirma que "todos os xulgados galegos contan con todas as medidas de protección necesarias para garantir unha completa seguridade en materia sanitaria fronte á covid-19 en todos os xuízos previstos, tanto para o persoal da Administración de Xustiza como para os usuarios".

Entre outras medidas detallan que están instalados biombos de metacrilato "nos locais onde é necesario", e foi repartido tamén diverso material de protección como máscaras e guantes ou de botes de xel hidroalcólico.

Ademáis engaden que naqueles xuízos que conten con xurado popular, serán instaladas mamparas de metacrilato dado que polas características da sala non é posible manter a distancia de seguridade de metro e medio entre cada un dos 9 titulares e os 2 suplentes que conforman o xurado.

Polo que ao longo deste mes, dado que o primeiro xuízo con xurado popular está sinalado para mediados de outubro, procederase a colocar ditas mamparas de separación na sala onde está previsto o xuízo.