A xuízo por tentar violar á sobriña da súa parella, pasear espido ante as súas dúas fillas e abusar dunha delas

Pontevedra
08 de xaneiro 2022

O acusado ten un antecedente penal en Suíza por un delito de abuso sexual de menor e utilización de menores ou persoas discapacitadas con fins pornográficos. Os novos feitos teñen que como vítima ás dúas fillas e a sobriña da súa parella, de 9, 12 e 14 anos. Paseábase espido pola casa ante as nenas, abusaba dunha e tentou violar a outra

Audiencia Provincial de Pontevedra Mónica Patxot

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro martes 11 de xaneiro un home da comarca de Caldas acusado de tentar agredir sexualmente á sobriña da súa parella, de exhibirse diante das dúas fillas da muller e de abusar dunha delas.  Todas as súas vítimas son menores, de 9, 12 e 14 anos.

O acusado ten un antecedente penal cancelable por un delito de abuso sexual de menor de 13 anos ou vítima vulnerable e de utilización de menores ou persoas discapacitadas con fins pornográficos derivado dunha sentenza ditada por un tribunal suízo en 2005.

Os feitos que se xulgarán na Audiencia ocorreron en días sen concretar entre 2016 e 2019.

No caso da primeira das vítimas, que naquel momento tiña 9 anos, quedou a durmir en marzo de 2019 no domicilio da súa tía, no que tamén vivían as súas curmás, de 12 e 14 anos, e a actual parella de feito ou compañeiro sentimental dela, o agora acusado. 

Durante esa noite, aproveitando que as súas primas saíran á estación de servizo próxima a comprar chucherías e produtos de alimentación para cear e que a súa tía non estaba na casa, o acusado chamou á vítima á súa habitación. Cando chegou, atopoullo espido e co pene xa  erecto. 

Nese momento, segundo a Fiscalía, indicoulle á menor que se quitase a roupa e que se metese con el na cama do seu cuarto. Ante a negativa da menor, agarrouna polos brazos e tirouna encima da cama. Nun momento dado, a nena golpeoulle nos seus partes íntimas, el botouse un pouco cara atrás e, unha vez libre, ela puido fuxir da vivenda. 

Mentres a nena escapaba da vivenda e do acoso do agora acusado, el gritáballe "máis che vale que non contes nada disto porque se non vou matar á túa nai e a segunda vai ser F", en alusión á súa curmá de 12 anos. Unha vez fóra da vivenda, a nena dirixiuse á estación de servizo onde estaban as súas curmás. 

O procesado tamén está acusado doutros dous delitos sobre as dúas fillas da súa parella, que ocorreu un día entre que empezou a vivir coa nai en 2016 e finais de 2019. 

Segundo relata a Fiscalía, o home paseábase completamente espido ou espido da cintura para abaixo en presenza das menores cunha frecuencia case diaria ou polo menos semanal, entraba no baño espido cando elas se estaban bañando e con relativa frecuencia metíase na cama da maior delas totalmente espido.

Tamén cunha frecuencia mensual ou ás veces semanal o investigado tocáballe os peitos e o traseiro a esta nena, á vez que lle indicaba que só se trataba dun xogo.

O acusado, que ten desde a súa detención por estes feitos, unha orde de afastamento que lle impide achegarse ás súas vítimas, enfróntase a oito anos e nove meses de prisión como autor dun delito de agresión sexual a menor en grao de tentativa, un delito continuado de abusos sexuais a menor e un delito continuado de  exhibicionismo e provocación sexual. Os dous primeiros delitos están agravados por haberse  prevalido o acusado dunha relación de superioridade ou de parentesco.

Ademais, a Fiscalía pide que se lle impoñan unha pena de afastamento ou de prohibición de aproximarse a unha distancia inferior a 300 das tres vítimas ou de comunicarse con elas por calquera medio, xa sexa verbal, escrito, postal, telefónico, telegráfico, telemático durante 8 anos no caso da sobriña da súa parella e 7 anos no caso das fillas. 

O fiscal pide tamén para o acusado a medida de liberdade vixiada por un período de 9, que implica que, ademais, de non poder achegarse ás nenas e ás súas nais, tamén se lle prohiba desenvolver actividades ou oficios nos que interveñan menores de idade e se lle obrigue a participar en programas ou talleres de educación sexual.

Tamén deberá indemnizar á vítima menor con 2.800 euros polo dano moral e con 1.200 a cada unha das outras dous menores.