A xerencia habilita todas as camas pechadas na área sanitaria

Pontevedra
13 de xullo 2022

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia, informou que a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés abriu todas as camas pechadas pola reorganización estival. Concretamente, o denominado Plan de Adecuación da Hospitalización posto en marcha pola Xerencia para este verán contemplou o peche de ata 122 camas

José Ramón Gómez, xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés Mónica Patxot

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia, informou que a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés abriu todas as camas pechadas pola reorganización estival. Concretamente, o denominado Plan de Adecuación da Hospitalización posto en marcha pola Xerencia para este verán contemplou o peche de ata 122 camas.

Nas dúas semanas que levaba operativa esta medida viviuse unha "insoportable presión asistencial", tal e como denunciaron os sindicatos sanitarios e os propios pacientes e usuarios da sanidade pública, da contestación dos propios traballadores e de mandos intermedios do hospital, "por fin conseguiuse que reaccione a xerencia-dirección"

O CESM reprocha á Xerencia da área sanitaria a súa "ausencia de empatía coa poboación e traballadores, e a súa falta de reflexos na toma de decisións". 

"Congratulámonos de poder dicir que o luns pola noite non quedaba ningún paciente con orde de ingreso pendente no servizo de Urxencias, estando todos nunha cama hospitalaria como corresponde", valora o CESM Galicia.

De modo que, finalmente "abríronse todas as camas pechadas en Cirurxía impar, Traumatoloxía impar, ocupáronse as camas de Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA), ocupáronse a camas da Unidade Polivalente e desbloqueáronse as camas para ingresos cirúrxicos", segundo a información achegada por este sindicato médico.