A viúva de Manuel Rivas, vítima do coñecido como crime de Ponte Caldelas, relatou este luns con todo luxo de detalles como foi a súa relación co único acusado por este caso, Marcos Vidal González, durante os dous anos anteriores e durante a mañá do crime e expuxo ante o tribunal de xurado que xulga os feitos que tanto ela como o falecido vivían ameazados e vixiados polo sospeitoso, pero nunca denunciaron por medo a represalias.
Sandra Martínez Araújo declarou como testemuña durante unha hora e 45 minutos durante o xuízo que comezou este mesmo luns na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Antes dela, Marcos Vidal recoñecera o crimen: "declárome culpable e sempre me declararei culpable (...) levo catro anos esperando a que me xulguen e poder cumprir a miña condena tranquilo, nada máis (...) se eu perdese a un fillo pediría que encarcerasen a esa persoa ou que a fusilasen se fosen outros tempos"
O xuízo continuará este martes coa declaración de 21 persoas, entre elas, 18 gardas civís e peritos que xa estaban previstos e outros tres testemuñas que quedaron pendentes deste luns. A sesión tivo que interromperse pasadas as sete da tarde por un fallo no sistema de gravación da sala de vistas e, finalmente, a maxistrada que preside o tribunal, María Jesús Hernández, decidiu aprazar o resto das declaracións.
Todas as partes implicadas nesta causa e tamén a propia Audiencia parten da base de que Sandra mantiña ou mantivera unha relación sentimental co acusado, pero, durante a súa declaración, ela negouno. Coñeceuno porque o seu marido, coñecido como Manolán, e ela tiñan unha charcutería en Arcade (Soutomaior) á beira da barbería de Marcos e en febreiro de 2014 "intentamos conocernos un poco más", pero asegura que tan só durante un mes, pois "me di cuenta de que era una persona agresiva y no continué con la relación".
Respecto diso, asegura que o que tiveron "para mí no fue una relación sentimental", pero él "fabulaba con cosas que no eran reales" e creu que si. De feito, segundo o seu testemuño,"intenté que quedásemos como amigos, pero él ya estaba obsesionado". A partir de aí, empezou a vixiala e ameazala e a finais de 2014 ela e o seu marido mesmo cesaron a súa convivencia durante unhas semanas "porque nos tenía amenazados a los dos, que nos mataba si nos veía juntos".
A pesar de que asegura que nunca estiveron xuntos como parella, recoñece que falaban a diario e enviábanse whatsapp, pero xustifícase asegurando que era porque "él me lo exigía" e que a maioría das veces ela respondíalle con monosílabos e que "nunca fue por voluntad propia".
"Le tenía que llamar porque si no se hacía daño a él. O a mí. Y a Manuel. Y a mi familia", relatou, aínda que recoñeceu que se foi de viaxe con el a Asturias -"me llevó él", matizou-. Aqueles meses foron, segundo o seu relato, moi difíciles porque "me tenía aterrorizada" e tiña "amenazados de muerte" ao matrimonio.
Ese medo levouna a non denunciar os feitos e relatou que un día dixéralle que o denunciaría e el respondeulle"que de la cárcel que se salía y que vendría a por mí". Ademais, asegura que tanto a súa psicóloga como unha axente da Policía Nacional á que contou os feitos recomendáronlle non denunciar por medo a esas represalias.
A pesar de durante a fase de instrución o acusado declarou que ela lle deu as chaves da súa casa para que fose darlle un susto ao seu marido, ela nega tal circunstancia e tamén que a navalla coa que o acusado lle asestou máis de 20 coiteladas fose do seu marido.
O acusado asistiu á declaración da muller con certa inquietude. Por momento, derrubouse, outros negou coa cabeza e outros sorriu con certa incredulidade ante o seu relato. Na súa declaración -breve, de apenas un minuto- si se derrubou e rompeu a chorar.
O día do crime, Sandra asegurou que, cando empezou a sospeitar que Marcos podería estar a facer algo malo ao seu marido chámolle ata catro ou cinco veces seguidas, ata que se descolgou o teléfono e escoitou ao seu marido gritando: "no, Marcos, no".
Ademais, relatou que, tras acoitelar a Manolán, o acusado díxolle por teléfono: "lo maté, ven aquí a limpiar la sangre. Ven a limpiar todo esto" todo "en un tono sarcástico". Ela "no daba crédito a lo que estaba escuchando" porque "nunca me esperaba hiciese eso".
A declaración de Sandra empezou pola mañá e terminou tras un receso para comer. Pola tarde tamén declarou unha amiga súa que relatou que era amiga do acusado e chegou un momento en que empezou a estar máis con é, e víaa "ilusionada", aínda que "nunca" lle dixo que tivesen unha relación sentimental ou sexual ou de parella. En todo caso, durou pouco tempo porque "el empezó a acosarla y a vigilarla". A propia amiga presenciou un día como lle dixo, por teléfono, que estaba diante de casa dos seus pais e ameazoulles con facerlle dano "a hachazos".
O irmán do acusado, con todo, asegura que si tiveron unha relación e que el a Sandra coñeceuna como noiva do seu irmán. "Estaban como dous rapaces de 15 anos. Moi acaramelados", indicou.
Ademais, relatou que o día do crime Marcos chamouno para que fose á súa casa e, ao chegar, confesoulle: "Sandra enganoume, fun ali e chimpei ao tipo. Levame a Ponte Caldelas. Voume entregar". El non o creu.
Tamén a irmá do falecido asegura que coñeceu esa relación e que falou co seu irmán dela. Él ya lo sabía y me dijo: yo ya le dije a ella que si se quiere ir con él, no le pondré ningún impedimento". Segundo esta testemuña, Sandra dicíalle a Manuel que Marcos lles ameazaba, pero el non sentía ameazado e aseguráballe: "a mí cuando me ve, se acobarda y baja la cabeza".
Iso si, recoñece que en decembro de 2014, once meses antes do crime, foi vivir a casa dos meus pais unhas semanas porque "ella le dijo que tenían que irse uno o el otro porque si le encontraba juntos, les mataba".. Engade, ademais, o carácter pouco violento do seu irmán, que era "la persona más pacífica que te puedes echar a la cara".