A veciñanza de Troncosa estrea un novo peche de seguridade na estrada que conecta este núcleo con Candóns

Marín
24 de abril 2024

Instalouse unha malla de protección no muro de sostemento, sendo aportado o material necesario para a súa instalación por parte do Concello de Marín.

O edil Pablo Novas con veciños da estrada de Trancosa-Candóns Concello de Marín

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu ata a estrada de Trancosa-Candóns para coñecer de primeira man a iniciativa levada a cabo por un grupo de veciños do primeiro núcleo para a protección dun desnivel existente na vía.

Instalouse unha malla de protección no muro de sostemento, sendo aportado o material necesario para a súa instalación por parte do Concello de Marín.

Novas quixo destacar a importancia que ten "o impulso deste tipo de melloras que parten da iniciativa veciñal altruista e que permiten ir mellorando os entornos rurais, como é o caso en moitas ocasións da veciñanza que se xuntan para limpiar regadios, pozos ou para facer pequenas obras como esta".

O edil asegurou que o Concello sempre terá a man tendida para que iniciativas como esta saian adiante, facendo aportacións municipais.