A Unión Europea abre a porta modificar o acordo de pesca con Mauritania para beneficiar aos barcos galegos

Marín
26 de novembro 2015

O director xeral de Pesca da Comisión Europea comprométese co BNG e cos cefalopodeiros a plantexar unha nova modalidade de demersal no acordo UE-Mauritania que beneficiaría a barcos galegos

Entrevista co Director Xeral de Pesca da Comisión Europea BNG

O director xeral de Pesca da Comisión Europea comprométese co BNG e cos cefalopodeiros a plantexar unha nova modalidade de demersal no acordo UE-Mauritania que beneficiaría a barcos galegos.

A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, o deputado do BNG no Parlamento galego, Daniel Rodas, o presidente de ANACEF e o director xerente da Asociación de Armadores de Marín, Juan Martín Fragueiro, mantiveron este xoves en Bruxelas unha xunta co director xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea para abordar a necesidade de abrir o acordo de Pesca UE-Mauritania ao sector pesqueiro galego.

Ao remate da xunta, a delegación fixo unha avaliación positiva do encontro xa que o director xeral de Pesca da Comisión Europea "foi receptivo a incluir unha nova modalidade de pesca demersal, proposta que traia ANACEF, coa que se podería abrir unha posibilidade de que os barcos galegos poderían voltar a faenar no caladoiro de Mauritania, un banco fundamental dado que os outros acordos que hai alternativos son só complementares", segundo explicaron Daniel Rodas e Ana Miranda.

Ademáis, tanto o BNG como ANACEF instaron a acelerar os prazos de xeito que “a próxima Comisión Científica do Acordo UE-Mauritania, prevista para o primeiro trimestre de 2016, puidese xa adoptar algún tipo de decisión ao respeito, contando, iso si, coa aportación dos correspondentes estudos científicos”.

Advertiron que de prolongarse os prazos, poderíamonos atopar na situación de que pasarían catro anos sen un caladoiro que permita a viabilidade da frota cefalopodeira “pois condenaríaa ao desguace”. Miranda e Rodas insistiron que a frota galega ten moito potencial e que non pode ser condenada ao desguace por decisións políticas.

O director xeral de Pesca da Comisión Europea aceptou reunirse co Consello Galego de Pesca na súa visita a Galicia.

Arquivado en