A unión de asociacións 'Por Pontevedra' convoca unha nova manifestación

Pontevedra
27 de novembro 2021

A unión de asociacións Por Pontevedra convocou unha nova mobilización para o vindeiro venres día 10 de  dicembro, "á hora e no lugar que se sinalarán oportunamente".

Protesta polo peche ao tráfico da rúa Raíña Vitoria Mónica Patxot

A unión de asociacións Por Pontevedra convocou unha nova mobilización para o vindeiro venres día 10 de  dicembro, "á hora e no lugar que se sinalarán oportunamente".

Este colectivo emitiu un comunicado no que agradece a presenza veciñal na concentración celebrada na tarde do venres na Praza de España e engade que "non queremos deixar pasar a oportunidade de reinvidicar, unha vez mais, que Por Pontevedra é una organización transversal onde teñen cabida todos os cidadáns de Pontevedra e aqueles que dende fora acuden en apoio das nosas reivindicacións, cada un co seu xeito de pensar, e por suposto de se expresar".

E engaden que "perden o tempo aqueles que queren ver nestas movilizacións o xermen dunha opción política determinada, busquen mais ben o xermen do final dun xeito de facer política en Pontevedra".

MONTE PORREIRO

Este sábado tamén percorreron en manifestación as rúas do centro da cidade un grupo de veciños de Monte Porreiro convocados pola asociación O Mirador. 

Estes veciños reclaman unha reunión co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para esixirlle a execución de obras de mellora no barrio co millón de euros que se presupuxo a peonalización da rúa Alemaña, un proxecto que foi descartado pola oposición veciñal.