A unidade de hospitalización a domicilio -HADO- do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra cumpre 20 anos de actividade, cunha consolidada e valorada actividade asistencial facilitando a determinados pacientes abandoar os centros antes de ser dados de alta, para continuar co tratamento nos seus fogares.
A unidade HADO ten un área de referencia asistencial de 170.000 habitantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meis, Barro, Marín, Bueu, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Cotobade e Campolameiro.
Presta un conxunto de atencións e coidados de rango hospitalario no domicilio, cando certos doentes xa non precisan de atencións específicas hospitalarias pero aínda requiren certo grao de seguemento e vixiancia activa ou asistencial.
Moitos pacientes atendidos e dados de alta nesta Unidade son pacientes cirúrxicos que, por presentar complicacións postcirúrxicas ou patoloxías asociadas requerirían longos tempos de ingreso hospitalario.
Así mesmo, HADO, coma unidade de coidados paliativos en domicilio, tamén atende a pacientes oncolóxicos nos seus domicilios.