A UNED apoia o seu alumnado sénior nunhas xornadas interactivas

Pontevedra
29 de setembro 2022

O centro asociado da UNED en Pontevedra cedeu este mércores o protagonismo ao seu alumnado sénior nas 'I Xornadas Interactivas dás Persoas Maiores', nas que se presentaron as distintas ofertas formativas que a institución universitaria ofrece aos maiores de 55 anos. A bailoterapia e a aprendizaxe de bailes latinos incorpóranse este curso 

I Xornadas Interactivas das Persoas Maiores Concello de Pontevedra

O centro asociado da UNED en Pontevedra cedeu este mércores o protagonismo ao seu alumnado sénior nas 'I Xornadas Interactivas dás Persoas Maiores', nas que se presentaron as distintas ofertas formativas que a institución universitaria ofrece aos maiores de 55 anos. 

Estas xornadas, organizadas pola concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra, están coordinadas pola educadora social Ana González Quinteiro e contaron a presenza do concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey. 

A UNED de Pontevedra mostrou o seu apoio á UNED Sénior a través da presenza de todo o equipo directivo do centro, que lidera Víctor M. González Sánchez. Tamén 

Responsables do centro presentaron en detalle a UNED Sénior, que coordina Rafael Cotelo Pazos, unha oferta formativa na que participan unhas 400 persoas e que pon á disposición das persoas maiores de 55 anos unha formación actual e dinámica, orientada a temáticas de claro interese social e cultural impartida por expertos, cunha metodoloxía didáctica, flexible, participativa e práctica, adaptada ás necesidades de cada persoas.

A xornada celebrada no salón de actos da UNED en Monte Porreiro incluíu a presentación da Asociación de Amigos/as do Camiño sobre o Albergue do Camiño e a función dos hospitaleros/as e a importancia do voluntariado para atender, manter vivo e activo o fluxo de visitantes no transcurso do seu periplo ata Santiago de Compostela.

Outra das actividades desenvolvidas foi unha conferencia sobre 'Envellecemento Activo', que correu a cargo de Pablo González Romero, e unha exhibición de baile que forma parte dos novos cursos aplicados á UNED Sénior. 

A bailoterapia e a aprendizaxe de bailes latinos incorpóranse este curso á oferta educativa do centro universitario pontevedrés.