A UME instala a súa base en Figueirido para ser "punta de lanza" contra os incendios en Galicia

Pontevedra
08 de xullo 2022

Unha unidade de intervención do V Batallón da UME estará de xeito permanente na base militar pontevedra os meses de agosto e setembro

Unidade Militar de Emerxencias (UME) Ministerio de Defensa

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) volve instalarse no cuartel de Figueirido, sede da Brilat, que se converterá en "punta de lanza" desta unidade de elite do Exército para atender os incendios forestais en Galicia. 

Este elemento de primeira intervención permite á UME intervir, nun prazo inferior a catro horas, nas emerxencias provocadas polos incendios forestais en Galicia e axudar a que os efectos sobre a poboación civil, bens e medio ambiente sexan os mínimos.

O delegado do Goberno, José Miñones, renovou a presenza, durante dous meses, dunha unidade de intervención da UME.

José Miñonse reuniuse co xefe do Quinto Batallón da Unidade Militar de Ermerxencias (BIEM V), José Alberto Barja, para analizar as previsións da campaña de incendios forestais en Galicia e renovar a implicación da UME no dispositivo. 

A BIEM V, dende a súa base de León, ofrece 500 militares de distintas especializades, e 200 vehículos que poden mobilizarse en horas a calquera punto de Galicia para atender unha emerxencia. "Estamos ante unha das unidades de elite do Exército, con capacidad para ampliarse ata os 1.500 efectivos e outros batallóns se fose necesario", sinalou.

O delegado informou que en 2021 a UME participou en 18 emerxencias relacionadas con incendios forestais, "entre as que está a do incendio de Ribas de Sil, no mes de setembro, que foi o máis grave do pasado ano en Galicia", detallou o delegado.

O delegado departiu con José Alberto Barja sobre a evolución da Unidade Militar de Emerxencias nos últimos anos. O xefe do Batallón V é tenente coronel de Infantería e ocupa o cargo dende o ano 2018. É ourensano de nacemento e participou en misións en Irán, Afganistán, Líbano e Malí.