A UCI de Montecelo sobe a cinco pacientes covid ingresados, aínda que baixan as hospitalizacións totais

Pontevedra
17 de xullo 2021

A actualización de datos sobre a pandemia realizada este sábado 17 de xullo polo Servizo Galego de Saúde reflicte que na última xornada detectáronse 221 contaxios na área sanitaria, mantendo un importante incremento nos casos activos

Servizo de Urxencias no hospital Montecelo Mónica Patxot

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue incrementando a cifra de afectados por covid, a teor do que reflicte a actualización de datos sobre a pandemia realizada ás 10.00 horas deste sábado 17 de xullo polo Servizo Galego de Saúde.

Segundo este balance a área pontevedresa detectou na última xornada 221 novos contaxios, estatística que segue disparada e que con só 62 altas epidemiolóxicas fai subir de maneira importante os casos activos ata un total de 1.709 (159 máis).

Este incremento segue sen facer especial madeixa no número total de persoas positivas en coronavirus ingresadas nos hospitais da comarca, con 13, unha menos que o venres. Con todo ese descenso débese a unha baixada en canto aos ingresados en planta, xa que a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo viu incrementada a súa ocupación sumando 5 pacientes  covid (dous máis). O resto de hospitalizados evolucionan en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (6), o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (1) e o Hospital do Salnés (1).

Desde o inicio da pandemia superou a infección 14.574 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 181 falecementos de persoas con positivo activo por covid.

Nas últimas 24 horas, confirma o Sergas, realizáronse 769 probas PCR.