A taxa de paro no municipio de Pontevedra é do 18,1%, o dato máis baixo desde o ano 2009

Pontevedra
28 de xaneiro 2016
Actualizado: 19:40

Pontevedra xa non é a cidade con máis paro de Galicia. Este posto ocúpao Ferrol que é o concello coa menor taxa de ocupación (34%) e con maior taxa de paro (27,9%)

Cociñeiros La Caixa

A Enquisa de Poboación Activa apunta que, ao peche de 2015, a taxa de paro no municipio de Pontevedra é do 18,1%. É o dato máis baixo neste concello desde o ano 2009.

Pontevedra xa non é a cidade con máis paro de Galicia. Este posto ocúpao Ferrol que é o concello coa menor taxa de ocupación (34%) e con maior taxa de paro (27,9%).

Tamén Vigo ten cun 19,9% unha taxa de paro superior a Pontevedra.

Se se comparan os datos dos sete grandes municipios galegos, obsérvase que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,1% e 51,5%, respectivamente) no cuarto trimestre de 2015.

A menor taxa de paro das sete cidades ao peche de 2015 é Santiago de Compostela, cun 14,1%, seguido da Coruña: 14,3%

PROVINCIA

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) referida ao cuarto trimestre do pasado ano e publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estatística sitúa a taxa de paro da provincia de Pontevedra é do 20,47%. Este dato supón un descenso respecto á EPA anterior na que a tasa de paro se situaba no 23,34%. Sendo a taxa de poboación activa do 54,8%.

A provincia pechou o pasado ano cun total de 89.300 persoas sen traballo, mentres que o número de persoas activas situouse en 346.900.

GALICIA

En canto aos datos de Galicia na EPA, a nosa comunidade pechou o pasado ano cun total de 227.700 persoas sen traballo e unha taxa de paro do 17,74%.

O paro en Galicia baixou en 2015 en 41.100 persoas respecto ao ano anterior, un 15,6% menos, segundo os datos feitos públicos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

ESPAÑA

A nivel nacional, o paro baixou en 678.200 persoas en 2015, o que supón un 12,4% menos que en 2014, rexistrando o seu terceiro descenso anual consecutivo e a maior caída da serie histórica. Pola súa banda, o emprego creceu en 525.100 persoas, case un 3%, logrando o seu segundo aumento anual consecutivo e o máis elevado desde o estalido da crise económica.

Arquivado en