A sexta onda da covid-19 continúa o seu imparable ascenso

Pontevedra
27 de novembro 2021

A Consellería de Sanidade informa que este sábado 27 de novembro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai 380 casos activos. Son 38 máis que onte venres. Actualmente permanecen 369 casos covid evolucionando en domicilio

Centro de Saúde da Parda Mónica Patxot

A Consellería de Sanidade informa que este sábado 27 de novembro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai 380 casos activos. Son 38 máis que onte venres.

Actualmente permanecen 369 casos covid evolucionando en domicilio.

A presión hospitalaria é unha das claves na toma de decisións por parte do Sergas. Nestes momentos hai hospitalizados na área sanitaria 10 pacientes  ingresados en planta de hospitalización.

Deles, 9 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés. Así mesmo, hai 1 paciente crítico con coronavirus na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 21.396 pacientes, dez máis nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus no área sanitaria 205 pacientes. 

En canto a realizació n de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 380, que se añ aden ás 315.170 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.

Un de cada tres infectados na área é un veciño do municipio de Pontevedra, que conta xa con 114 casos activos.