A semana iníciase na área sanitaria con 30 novos contaxios de covid e 327 casos activos

Pontevedra
12 de abril 2021

A actualización de datos realidade polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas deste luns 12 de abril reflicte un incremento de 12 casos activos con respecto ao domingo na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Na última xornada chegáronse a realizar ata 1.201 probas PCR

Cribado de covid na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés Mónica Patxot

O cambio de semana non trae consigo un cambio na tendencia no que respecta a os datos oficiais de afectación polo coronavirus.

Segundo a actualización ofrecida polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas deste luns 12 de abril, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue incrementando lixeiramente o seu número de casos activos chegando aos 327, o que supón 12 máis que o domingo.

Esta subida débese que o número de contaxios, con 30 novos positivos detectados, supera ás altas epidemiolóxicas que se produciron nas últimas horas, con 16 pacientes que superaron a enfermidade.

Ademais o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra conta cun paciente máis ingresado en planta (16), mentres que o Hospital do Salnés atende a 2 afectados e 3 máis evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, sen cambios neste aspecto.

Desde o inicio da pandemia superaron a covid 12.553 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 168 falecementos de persoas con positivo activo de coronavirus.

No que respecta a a realización de probas, durante a última xornada o seu número volveu ser elevado con 1.201 test PCR que se suman aos 191.679 efectuados con anterioridade.

DATOS DE GALICIA

A nivel autonómico este luns 12 de abril na comunidade hai 2.316 casos activos, o que supón 11 máis. Deles 616 son da área da Coruña (=), 157 da de Lugo (-1), 186 da de Ourense (+10), 327 da de Pontevedra, 599 da área de Vigo (-15), 355 da de Santiago (-2) e 76 da de Ferrol (+7).

De total de persoas infectadas, 30 están na UCI (tres máis) e 155 en unidades de hospitalización (dez máis). Ata a data en Galicia rexistráronse 2.368 falecementos asociados ao virus, sen cambios nas últimas horas.