A semana arranca coa construción dos 'lombos' de Raíña Vitoria, que se cortará ao tráfico o martes

Pontevedra
07 de setembro 2014

Os traballos de construcción dos 'lombos' tiveron que acelerarse para estar rematadas antes do xoves 11 de setembro para permitir o paso de La Vuelta Ciclista a España.  O tráfico quedará pechado dende primeira hora da mañá do martes ata última hora da tarde dende a rotonda de San Roque ata o cruzamento da rúa Palamios

Desvíos de tráfico en Raíña Vitoria e Paseo de Colón polas obras de mellora da seguridade vial
Desvíos de tráfico en Raíña Vitoria e Paseo de Colón polas obras de mellora da seguridade vial

Continuando coas obras de seguranza viaria e accesibilidade que se están a realizar na avenida Raíña Vitoria, este luns comezan os traballos de construcción dos 'lombos', medida que obrigará a pechar o tráfico na rúa a partir deste martes. Tivo que acelerarse a actuación porque as obras de reforma deberán estar rematadas antes do xoves 11 de setembro para permitir o paso de La Vuelta Ciclista a España. 

O tráfico quedará pechado dende primeira hora da mañá do martes ata última hora da tarde. O peche rematará aproximadamente ás 20.00 horas e será dende a rotonda de San Roque ata o cruzamento da rúa Palamios.

Para garantir a circulación pola zona, a Policía Local estableceu un operativo especial de tráfico que recolle alternativas de tráfico para os condutores. Así, o tráfico de saída (praza de Galicia - Augusto García Sánchez) será desviado por praza da Liberdade cara a Xeneral Rubín ⿿ Fernández Ladreda ⿿ Manuel del Palacio e o tráfico de acceso ao centro da cidade (subida de San Roque ou Paseo Colón) será desviado por Palamios cara a Raíña Vitoria.

Dentro deste operativo garantirase o acceso para residentes e servizos ás rúas Alameda e Echegaray e a entrada e saída aos parking de Alameda e praza de España. Ademais, recoméndase a entrada e saída da cidade pola zona oeste, isto é, polas estradas de Poio e Vilagarcía, a través da avenida de Domingo Fontán e a ponte das Correntes, ou tamén pola autoestrada AP-9.

Unha das obras necesarias para o paso da La Vuelta Ciclista a España será asfaltar parte da rotonda de San Roque. O asfaltado tamén se fará o martes e será preciso pechar o Paseo Colón entre as 15.00 e as 19.30 horas.

En relación con este peche, a Policía Local recomenda que o tráfico de entrada á cidade pola ponte da Barca será desviado por Domingo Fontán; o tráfico de saída (praza de Galicia - Augusto García Sánchez) será desviado na praza da Liberade cara a Xeneral Rubín ⿿ Fernández Ladreda ⿿ Manuel del Palacio; e o tráfico acceso ao centro da cidade (subida a San Roque ou Paseo Colón), será desviado por Palamios cara a Raíña Vitoria.

Arquivado en