A saída da Praza de Barcelos pola rúa do Rouco estará pechada este mércores

Pontevedra
07 de xuño 2022

O Concello de Pontevedra ven de informar dunha incidencia na mobilidade da cidade: A saída da Praza de Barcelos pola rúa do Rouco estará pechada este mércores ao tráfico rodado

A rúa do Rouco permanecerá pechada ao tráfico rodado este mércores Policía Local de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ven de informar dunha incidencia na mobilidade da cidade: A saída da Praza de Barcelos pola rúa do Rouco estará pechada este mércores ao tráfico rodado.

Seguindo a información proporcionada pola Policía Local de Pontevedra o peche terá lugar este mércores, 8 de xuño, en horario de 09.30 a 13.30 horas, e de 15.00 a 19.00 horas.

É previsible que as actuacións rematen antes do programado.

Será restrinxido o acceso a Praza de Barcelos e só se permitirá o acceso a residentes, garaxes e aparcadoiros do lugar.