Os veciños da zona da Rúa do Santo, en Lourizán, volveron a sufrir este venres a inundación da rúa.
Segundo denuncian, hai uns meses o Concello comprometeuse con eles a facer reparacións e solucionar este problema, pero "seguimos coa mesma situación e de cada vez que chove asolágase toda a rúa".
Coa inundación a rúa queda totalmente colapsada, xerando unha situación de perigo para as persoas, especialmente para a xente maior. Ademais as tapas de rexistro dos sumidoiros levántanse, os baixos das casas asoláganse, entre outros moitos problemas que relatan os residentes da zona.
Os afectados reclaman á administración local que tome medidas "que permita vivir nun mínimo de normalidade para todos os veciños".