A Rúa do Santo en Lourizán volve inundarse coas chuvias nocturnas e esperta chea de lama

Pontevedra
26 de setembro 2024

Veciñanza da zona indica que o mantemento do río canalizado nesta zona é deficiente causando esta situación cada vez que se producen chuvias fortes como as rexistradas nas últimas horas. Sinalan que na zona hai residentes de avanzada idade que non pode desprazarse por esta rúa ante este problema que se repite de maneira periódica

Lama na Rúa do Santo, en Lourizán PontevedraViva

Cando chegan as choivas intensas, na Rúa do Santo en Lourizán saben que terán problemas de acceso nas súas vivendas.

Durante a madrugada deste xoves 26 de setembro, arredor das 04.00 horas, volvía a inundarse esta zona na parroquia pontevedresa.

Veciños da zona indican que o problema se debe a que o río que atravesa esta contorna está canalizado pero denuncian que está "deficientemente mantido por parte de Augas de Galicia e do Concello".

"Estamos desesperados", indica algún veciño da zona que recoñece que “estamos pendentes sempre da situación meteorolóxica”.

Aseguran que a auga acumulada nestes casos provoca danos nas plantas baixas das vivendas.

Algúns residentes explican tamén que cando chove teñen que trasladarse a outra vivenda familiar porque, doutro xeito, as persoas maiores quedarían encerradas pola auga anegada na rúa ou con dificultades para camiñar debido á lama que aparece posteriormente.

Demandan unha solución por parte das administracións para deixar de sufrir estas malas experiencias cada vez que unha borrasca entra pola ría.