A rotura dunha tubaxe de saneamento en Sanxenxo obriga a crear unha balsa para evitar unha vertedura en Lavapanos

Sanxenxo
16 de xullo 2024
Actualizado: 22:59

Pouco antes das once da noite, o Concello comunicou que estaba solucionada a avaría. Repuxéronse dous metros de tubaxe e procedeuse a bombear a vertedura que se concentrou nunha balsa dentro da obra do mercado. Non alcanzou ningunha praia

Traballos para solucionar unha avaría na rede de saneamento Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo alertou aos bañistas da praia de Lavapanos ante o risco de vertedura derivada da rotura dunha tubaxe de saneamento.

En suceso produciuse na tarde deste martes na Rúa Madrid, nas proximidades de Lavapanos.

Ante a posibilidade de que afectase o areal aproveitouse a escavación das obras do Mercado como balsa para conter a fuga e concentrar a vertedura.

Ata o lugar desprazouse o alcalde, Telmo Martín, para supervisar as medidas para corrixir este segundo incidente. O primeiro ocorreu en maio con outra vertedura que chegou ata a praia durante a realización dunhas obras.

Nesta ocasión, pouco antes das once da noite, o Concello comunicou que estaba solucionada a avaría. Repuxéronse dous metros de tubaxe e procedeuse a bombear a vertedura que se concentrou nunha balsa dentro da obra do mercado. Non alcanzou ningunha praia.