A romaría popular de San Bieito regresa aos salóns do Lérez

Pontevedra
10 de xullo 2022

Tres anos despois, Pontevedra recupera a tan agardada romaría popular de San Bieito. Despois de que as celebracións tiveran que suspenderse en 2020 e 2021 pola pandemia, a praia fluvial do Lérez e as beiras do río volverán encherse de festa

Festa de San Benitiño de Lérez 2019 Diego Torrado

Tres anos despois, Pontevedra recupera a tan agardada romaría popular de San Bieito. Despois de que as celebracións tiveran que suspenderse en 2020 e 2021 pola pandemia, a praia fluvial do Lérez e as beiras do río volverán encherse de festa.

A programación festiva comezará ás dez e media da mañá o pasarrúas dos Alegres dende o Concello ata a praia fluvial e ás 11:45 horas actuarán os Gaiteiros das Rías Baixas.

Contra as doce do mediodía será a mexilloada popular, que se repartirá de balde para todas as persoas que se acheguen ata os salóns do Lérez.

Xa pola tarde, ás 17:30 horas, actuará o grupo Pandereteiras do Val de Quireza e Os Alegres e, finalmente, pola noite ás 22.00 horas comezará a primeira verbena das festas de verán de Pontevedra. Será no adro do Mosteiro de Lérez coa orquestra Ritmo Joven.

Na otra beira do río, nas inmediacións do mosteiro de Lérez, serán as celebracións relixiosas na honra dun dos santos máis venerados de Galicia, ao que acuden os devotos coa intención de curar algún mal, especialmente as verrugas.

Haberá misas ao longo de todo o día, a partir das oito da mañá e instalaranse os tradicionais postos rosquillas ou exvotos.