Á rica castaña no barrio de Altamira

Pontevedra
13 de novembro 2022

A rúa Altamira e as escaleiras a San Antoniño e Fernando Olmedo enchéronse de actividade este sábado co I Magosto multicultural organizado pola veciñanza

I Magosto multicultural de Altamira Cristina Saiz

A rúa Altamira e as escaleiras a San Antoniño e Fernando Olmedo enchéronse de actividade este sábado co I Magosto multicultural organizado pola veciñanza.

Entre as 16.00 e as 22.00 horas estaban previstas unha infinidade de actividades para todas as idades, co acompañamento dunha agradable xornada no meteorolóxico.

Xogos tradicionais, animación infantil, comida e sobre todo as castañas tan propias da época para unha festa na que se involucrou boa parte do barrio.

De feito, ademais dos negocios da zona os propios veciños foron os encargados de achegar comida caseira para compartila cos asistentes.