A residencia de maiores DomusVI de Ribadumia está libre de coronavirus. As 147 probas practicadas aos residentes e persoal sanitario do centro arroxaron un resultado negativo.
Os tests, solicitados polo centro ao Sergas, foron efectuadas na residencia ao longo da semana pasada e os resultados coñecéronse o domingo. Todas as familias foron informadas e recibiron con moita alegría a boa noticia. Ademais, a dirección do centro quere expresar o seu agradecemento aos familiares dos usuarios polo seu apoio e comprensión.
Desde finais do mes de febreiro, as medidas de seguridade e prevención fronte ao coronavirus extremáronse en todas a residencia da cadea co obxectivo de para salvagardar a saúde dos maiores e dos traballadores. En marzo, decidiuse que os maiores permanecesen facendo vida nas súas habitacións como a mellor forma de protexelos e se desinfectaron as estancias comúns.
Para contrarrestar esta restrición de movementos, desde os diferentes departamentos asistenciais, como o médico ou o de animación sociocultural, deseñaronm programas específicos para que os maiores poidan manterse activos tanto física como animicamente.
Unha vez que se suspenderon as visitas aos centros reforzáronse as vías de comunicación entre os residentes e as súas familias, con máis persoal dedicado ao devandito labor e implementando outras canles como as videollamadas. Ademais creouse un grupo de Whatsapp para que todos os familiares de referencia de cada un dos residentes coñecesen a evolución da situación.