A Real Academia Nacional de Medicina (RANM) celebrou, o pasado 10 de maio, o Día da Academia mostrando o seu recoñecemento a aquelas entidades que grazas á súa colaboración e apoio fan posible que a RANM, segundo palabras do seu presidente Eduardo Díaz-Rubio, poida "desenvolver os distintos programas e proxectos que ten encomendados a Real Academia a través dos seus estatutos".
Entre estas institucións atópase a Fundación A.M.A. que preside o doutor Diego Murillo, que foi o encargado de recoller a medalla e o diploma que acreditan á Fundación como Socio Protector de Honra, de mans do presidente da RANM, Eduardo Díaz-Rubio.
A Fundación A.M.A., fiel aos seus valores de promocionar, apoiar e impulsar as actividades científicas, culturais e docentes dos diferentes sectores sanitarios da sociedade, colabora dende hai anos coa RANM no proxecto de elaboración do Diccionario Prehispánico de Términos Médicos (DPTM) que posibilitará a normalización e a defensa do patrimonio lingüístico como vehículo de transmisión do coñecemento médico.