A rapazada de Cerdedo-Cotobade aprenderá a nadar nas piscinas de Ponte Muiños

Cerdedo-Cotobade
26 de abril 2024

O programa "Aprende a nadar" forma parte do amplo abano de actividades formativas e de lecer que o Concello destina á mocidade

pontemuiños Mónica Patxot

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, animou aos 130 escolares dos colexios San Xoán Bautista de Cerdedo e o CEIP de Carballedo a desfrutar do programa "Aprende a nadar".

Esta iniciativa municipal facilitará que estes alumnos poidan desprazarse ata as piscinas de Rías do Sur, en Pontevedra, durante catro xornadas formativas e de lecer.

Jorge Cubela sinalou que esta actividade "ademais de ser moi divertida resulta útil" para que estes nenos logo "poidan gozar xa este verán das magníficas praias fluviais que temos no noso municipio".

O alcalde destacou que as praias fluviais de Cerdedo-Cotobade contan todas elas co cualificativo de "excelentes para o baño" pola Xunta de Galicia.

O programa "Aprende a nadar" forma parte do amplo abano de actividades formativas e de lecer que o Concello destina á mocidade.