A quen votaron os emigrantes pontevedreses? A resposta: nunhas horas

Pontevedra
29 de outubro 2012

Un equipo de entre 28 e 30 funcionarios da Audiencia Provincial de Pontevedra serán os encargados do reconto do voto emigrante, que leva unha semana custodiado pola Policía Nacional na sede xudicial e que, debido á escaseza de sufraxios emitidos, apenas durará unhas horas

A Policía Nacional na Audiencia Provincial PontevedraViva

Ás 8.00 horas deste luns 29 de outubro comezará ou reconto e ao longo da mañá coñecerase o resultado. Por que partido político votaron os pontevedreses na diáspora nas eleccións autonómicas do 21-0? Reproducirán o esquema de repartición de votantes que deixou o reconto dos votos en urna na xornada electoral?

Un equipo de entre 28 e 30 funcionarios da Audiencia Provincial de Pontevedra serán os encargados do reconto do voto emigrante, que leva unha semana custodiado pola Policía Nacional na sede xudicial da rúa Rosalía de Castro e que, debido á escaseza de sufraxios emitidos, apenas durará unhas horas.

Atrás quedaron longos días de reconto na Audiencia, con medios de comunicación apostados ás portas da sala de reconto porque o resultado destes votos poderían dar un envorco na composición do Parlamento de Galicia. Nesta ocasión, non é posible que o voto emigrante cambie a repartición de escanos das eleccións autonómicas.

Fontes da Xunta Electoral Provincial indicarón que terá que contar un máximo de 8.000 votos. Este é o número de electores residentes no estranxeiro que solicitaron exercer o seu dereito a sufraxio en Pontevedra, pero non quere dicir que todos eles decidan finalmente enviar a papeleta. Ás 8.00 horas saberase o número final de sufraxios emitidos.

Arquivado en