A provincia de Pontevedra pecha 2018 con case 6.500 desempregados menos que hai un ano

Pontevedra
03 de xaneiro 2019

Decembro, con todo, non foi un mes extraordinariamente positivo. Apenas se rexistraron cambios con respecto ao mes anterior. Tan só 44 pontevedreses que buscaban emprego, un 0.77%, abandonaron as listas do paro

Un home traballando ao sol Mónica Patxot

Con 67.192 desempregados pecha a provincia de Pontevedra o ano 2018. Así o certifican os datos que publicou este xoves o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Son 6.452 persoas menos, un descenso do 8.76%, que en decembro de 2017, data na que figuraban 73.644 demandantes de emprego na provincia.

Decembro, con todo, non foi un mes extraordinariamente positivo. Apenas se rexistraron cambios con respecto ao mes anterior. Tan só 44 pontevedreses que buscaban emprego, un 0.77%, abandonaron as listas do paro. 

DATOS EN GALICIA

No conxunto da comunidade galega, decembro rexistrou un descenso de 1.074 persoas no número de desempregados, o que supón un descenso do 0.63% con respecto ao mes anterior. Hai, en total, 169.295 inscritos como demandantes de emprego.

Así, durante 2018, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia reduciuse nun total de 15.718 persoas. É unha diminución do 8.5%, máis de dous puntos por encima da media estatal, con respecto a decembro de 2017.

En España, pola súa banda, o paro baixou en 210.484 desempregados en 2018, un 6.17%. Trátase do sexto descenso anual consecutivo, segundo os datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Só en decembro, reduciuse en 50.570 persoas respecto ao mes anterior, un 1.5% menos, especialmente pola contratación no sector servizos para a campaña do Nadal.

Arquivado en