A primavera festéxase cunha gran festa no barrio de Altamira

Pontevedra
23 de abril 2023

Os veciños da rúa Altamira continuan organizando actividades para dinamizar o seu barrio. Nesta ocasión fixérono cunha animada Festa dá Primavera, na que non faltaron actuacións musicais, xogos populares ou degustacións gastronómicas

Festa da Primavera no barrio de Altamira Cristina Saiz

Os veciños da rúa Altamira continuan organizando actividades para dinamizar o seu barrio. Nesta ocasión fixérono cunha animada Festa dá Primavera.

Toda esta zona, situada entre San Antoniño e Fernando Olmedo, acolleu unha gran festa na que non faltaron actuacións musicais, xogos populares ou degustacións gastronómicas.

A música correu a cargo da agrupación tradicional Os Alegres, a Charanga OT e Aladino Barros. Houbo ademais obradoiros e actividades para os máis pequenos.

A comida que se serviu foi preparada polos propios veciños.