Por segunda xornada consecutiva a área Sanitaria de Pontevedra e Salnés reduce os seus casos activos de covid, segundo SE REFLICTE na última actualización de datos do Servizo Galego de Saúde, ás 10.00 horas deste sábado 6 de febreiro.
O descenso, iso si, é o menor de todas as áreas sanitarias galegas, xa a redución de casos activos é de 14 para un total de 2.562.
Segundo este balance, nas últimas 24 horas contabilizáronse 110 novos contaxios en Pontevedra e O Salnés, un número superado polas 124 altas epidemiolóxicas que se produciron.
Un aspecto importante é ademais o que indica a presión hospitalaria, que aínda que lentamente empeza a retroceder tras varias xornadas ao límite. Así permanecen ingresadas 130 persoas positivas por covid, das cales 24 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, isto iso, 3 menos que o venres. O resto, 106 pacientes atópanse en plantas de hospitalización repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (84), o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (11) e o Hospital do Salnés (11).
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 8.450 pacientes da área sanitaria, falecendo 128 persoas coa infección activa,os últimos catro homes de 31, 73, 78 e 85 anos en Montecelo.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.536 que se engaden ás 148.555 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.887, o que supón un descenso de 799 nas últimas horas. Por orde, as áreas con maior afectación son A Coruña con 5.542 (-171), seguida de Vigo 3.469 (-178), Santiago 3.183 (-156), Pontevedra 2.562 (-14), Ourense 2.409 (-169), Lugo 1.957 (-66) e Ferrol 1.765 (-45).
Do total de persoas positivas, 247 están en UCI (-4) e 1.036 en unidades de hospitalización (-2). Ata o momento, en Galicia hai un total de 80.537 persoas que superaron a infección (+1.694), rexistrándose 1.934 falecementos asociados ao virus, dos cales 24 foron contabilizados no último día.