Sanidade comunica a morte de catro homes por covid en Montecelo, un deles de só 31 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Catro homes falecían durante as últimas 48 horas infectados por covid-19, segundo notifica a Consellería de Sanidade. Entre eles atópase un mozo de tan só 31 anos, que perdía a vida este venres no Hospital Montecelo, como consecuencia da enfermidade. Segundo o Servizo Galego de Saúde contaba con enfermidades previas no seu historial. Tamén nesta xornada falecía un home de 78 anos no mesmo centro.
Durante o xoves morrían outros dous homes, de 73 e 85 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ( CHUP), que se suman ás outras dúas vítimas confirmadas no balance anterior, dúas mulleres de 77 e 84 anos.
Con estas catro novas mortes, o número de persoas falecidas como consecuencia do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a 128 pacientes.
24 FALECEMENTOS NO CONXUNTO DE GALICIA
Outras 20 mortes por covid-19 foron notificadas este venres por parte das autoridades sanitarias. Algunha delas rexistrábase con máis de dúas semanas de antelación para ata este venres non foi confirmada por Saúde Pública, é o caso dunha muller de 94 anos, que perdía a vida no Hospital Povisa de Vigo o 15 de xaneiro.
Ademais dos dous casos en Pontevedra, tamén falecían este xoves 4 unha muller de 89 anos e un home de 97 no Hospital de Ourense (CHUO); outras sete persoas na área sanitaria da Coruña; un home de 84, outro de 94 e un de 68, ademais de dúas mulleres, de 80 e 91 anos, no Complexo Hospitalario (CHUAC) mentres que un home de 94 e outro de 84 morrían no Hospital Modelo-Belén e a Residencia A Milagrosa. Tamén falecía unha muller de 95 anos, na Residencia San Simón en Teo (Santiago de Compostela), un home de 83 no Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) e unha muller de 64, na Residencia DomusVI Laraxe en Cabanas.
Este venres, polo momento, a Consellería de Sanidade notifica nove mortes por covid. Ás dúas de Montecelo, hai que engadir outras dúas, trátase de mulleres de 88 e 90 anos no CHUS de Santiago; unha muller de 85 e un home de 80 no CHUAC; un home de 80 no Complexo Hospitalario de Ferrol; unha muller de 71 anos, na Residencia Pai Menni de Betanzos e un home de 90, no CHUO, procedente da Residencia Quercus de Leiro, en Ourense.
Todas as vítimas notificadas este venres polo Servizo Galego de Saúde ofrecían outras patoloxías previas á infección por covid. Con estas novas 24 vítimas, a cifra de persoas falecidas en Galicia é de 1934 pacientes, desde que se informa sobre os decesos provocados pola pandemia.
Relacionadas:
-
Caen a 59 os contaxios diarios por covid na área sanitaria pero sobe a hospitalización
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria mantense por riba do cento de contaxios diarios de covid, con 2.526 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sanxenxo, Poio e Soutomaior mantéñense con máis de 1.000 de incidencia acumulada, barreira da que baixa Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A presión hospitalaria empeza a descender lentamente na área sanitaria, con 24 pacientes covid na UCI
Por Diego Espiño |
-
Solicitude dun cribado masivo en Vilaboa ante o incremento de contaxios
Por Redacción |
-
A área sanitaria reduce os casos activos por primeira vez en catro semanas
Por Oskar Viéitez |
-
Estas son todas as farmacias da provincia participantes no cribado Covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco novas mortes por covid en Montecelo e Galicia eleva a 1910 os falecementos pola pandemia
Por Redacción |
-
Todos os traballadores e usuarios das residencias da área sanitaria recibieron a segunda dose da vacina
Por Redacción |