Cinco novas mortes por covid en Montecelo e Galicia eleva a 1910 os falecementos pola pandemia

Por Redacción
O número de falecementos na área sanitaria de Pontevedra ascende a 124 desde que se rexistran as mortes producidas por mor da enfermidade do coronavirus. Sanidade notificou este xoves 4 de febreiro a morte de cinco pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade, tres homes, con 62, 79 e 83 anos, perdían a vida no Hospital Montecelo este mércores 3 por covid, que se suman á vítima de 95 anos ofrecida no anterior balance.
Este xoves 4, falecían tamén dúas mulleres, de 77 e 84 anos, tamén no Hospital Montecelo. Todas estas persoas que perderon a súa vida durante as últimas 48 horas por coronavirus tamén contaban con outras enfermidades nos seus historiais médicos.
30 FALECEMENTOS EN GALICIA
Ás cinco mortes rexistradas en Pontevedra hai que engadir outras 25 que se notificaban este xoves e que corresponden a diversos días, unha vez que Saúde Pública confirmou que se deben a covid-19.
O 26 de xaneiro morría unha muller de 82 anos, na Residencia Paz e Ben de Tui, na provincia de Pontevedra; o 31 de xaneiro, un home de 85 anos, na Residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria; o 2 de febreiro, un home de 90 anos na Residencia Integrada CEGADI de Santiago, procedente da Residencia DomusVi Ribeira.
O mércores 3 de febreiro, Sanidade notificara oito falecementos en Galicia, este xoves suma outros doce, entre os que se atopan os tres homes que perdían a súa vida en Montecelo. Tamén eran vítimas de covid, dentro da provincia, tres homes, de 76, 83 e 84 anos, que falecían no Hospital Álvaro Cunqueiro; unha muller de 101 anos, no Hospital Modelo-Belén da Coruña; dúas mulleres, de 77 e 87 no Complexo Hospitalario coruñés; un home de 91 anos, no Complexo Hospitalario de Santiago; outro home de 71 anos, no Complexo Hospitalario de Ourense e un home de 73 anos, no Complexo Hospitalario de Ferrol.
E nas últimas 24 horas, polo momento, Sanidade notifica 15 mortes. Entre elas atópanse as dúas mulleres en Pontevedra e outras dúas en Vigo, unha de 88, que falecía en Povisa, procedente da Residencia Las Angélicas de Vigo e outra, de 86, no Álvaro Cunqueiro, onde tamén morría un home de 78 anos.
Unha muller de 58 anos falecía na Residencia Pai Menni de Betanzos; un home de 75 e unha muller de 89 no Complexo Hospitalario de Ourense; un home de 80 anos, en Santiago; e cinco mulleres e un home, todos con máis de 87 anos, no Complexo Hospitalario de Ferrol, dous destas vítimas procedían da Residencia O Casón de Moeche, outra da miña Casa de Ferrol e unha última, do DomusVi Laraxe de Cabanas.
Todas as persoas que notifica Sanidade durante esta xornada contaban con outras patoloxías nos seus expedientes clínicos.
En Galicia, a cifra de mortes ascende a 1910 persoas desde que se toman datos das mortes ocasionadas pola infección provocada polo virus SARS-CoV-2.
Relacionadas:
-
A área sanitaria mantense por riba do cento de contaxios diarios de covid, con 2.526 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A presión hospitalaria empeza a descender lentamente na área sanitaria, con 24 pacientes covid na UCI
Por Diego Espiño |
-
Sanidade comunica a morte de catro homes por covid en Montecelo, un deles de só 31 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Poio reduce en 58 os seus casos activos por covid-19 e Pontevedra sobe ata os 615
Por Alejandro Espiño & Redacción |
-
Expectación polos cribados nas farmacias á espera da chegada dos kits
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
2.613 casos activos e 140 hospitalizados pola covid-19 na área sanitaria, tras 115 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade notifica 37 vítimas máis de covid en Galicia, dúas delas no Hospital Montecelo
Por Redacción |