A praza de Touros, abarrotada de público para seguir os Torneos Medievais

Pontevedra
04 de setembro 2016

O grupo de especialistas Hípica Celta ofreceu en dobre sesión o Gran Torneo Medieval enchendo o recinto de espectadores, que gozaron da recreación

Gran Torneo Medieval da Feira Franca 2016 Diego Torrado

O coso de San Roque segue enchéndose todos os primeiros sábados de setembro para gozar do Gran Torneo Medieval. Nesta ocasión, o grupo de especialistas Hípica Celta volvía ofrecer unha dobre sesión do seu espectáculo e a praza de touros enchíase con público procedente de distintos puntos da península.

O enfrontamento entre cabaleiros medievais logrou a ovación dos espectadores que, en moitos casos, accedían ao recinto despois de facer cola ata completar a capacidade de 7.600 persoas, que ten a praza pontevedresa.

Durante a primeira xusta, Pontevedra se convertía en Trending Topic en España grazas ao hashtag #HaiFeiraFranca.

AmpArticleViewer.default.tags