A Praza da Leña volverá denominarse Eirado da Leña

Pontevedra
20 de xaneiro 2022

A corporación aprobou cos votos dos grupos municipais do BNG, PSOE e do concelleiro non adscrito unha proposta para corrixir a denominación de 28 rúas do municipio e asignar un nome a unha rúa que carecía dun nome oficial. O PP abstívose nesta iniciativa  

A Praza da Leña é un dos concurridos recunchos do oentro histórico

A corporación aprobou cos votos dos grupos municipais do BNG, PSOE e do concelleiro non adscrito unha proposta para corrixir a denominación de 28 rúas do municipio e asignar un nome a unha rúa que carecía dun nome oficial. O PP abstívose nesta iniciativa.

Desta forma, a Praza da Leña volverá denominarse Eirado da Leña e a Ribeira dos Peiraos será Ribeira dos Gafos, as Galerías Oliva figurará como Galerías da Oliva ou en lugar de Rúa Germán Adrio Sobrido aparecerá Rúa do Doutor Germán Adrio Sobrido, entre outros exemplos.

Segundo defendeu o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, a denominación adóptase seguindo as referencias da microtoponimia do lugar, restituíndo o topónimo orixinal en galego ou se inclúe o artigo ou unha conxunción, que non aparecía nos documentos. 

MERCADO

A concelleira do Partido Popular, Pepa Pardo defendeu unha moción do seu grupo político na que se pedía ao goberno local un plan para potenciar o Mercado, demandando unha ampla reforma da praza e que, segundo dixo, está avalada pola práctica totalidade das concesionarias.

Pepa Pardo asegurou que "este espacio necesita de una actuación urgente e inmediata" e acusou á concelleira responsable deste servizo, a socialista Yoya Blanco de aplicar a "política del engaño" e acusandoles de converterse nuns "auténticos negacionistas de los problemas" que sofre o mercado "desde hace 10 años".

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, lembrou as actuacións que se levaron a cabo na Praza de Abastos e destacou que o orzamento deste ano contempla novas actuacións que xa foron acordadas o pasado mes de outubro nunha reunión do Servizo de Mercados para abordar melloras no mercado polo que pediu ao PP "menos trilerismo político e máis oposición construtiva". 

Yoya Blanco defendió su "considerable" traballo nesta área e tamén cuestionou eses supostos apoios das concesionarias que esgrimen os populares. A moción foi rexeitada polo bipartito.

MONTE PORREIRO

Tamén foi rexeitada a moción do PP en solicitaba "el millón de euros prometido para humanizar Monte Porreiro". O portavoz do PP, Rafa Domínguez dirixiu as súas críticas ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ao que acusou de "castigar al barrio por manifestarse" e de "abandonar" este espazo "por venganza".

O concelleiro de Obras, o nacionalista, Demetrio Gómez, acusou ao portavoz popular de "tratar de enganar" á cidadanía repetindo unha "mentira" e asegurou que "o barrio de Monte Porreiro non está abandonado" citando unha longa lista de investimentos e melloras feitas nesta populosa urbanización.

Demetrio Gómez tamén chamou "veleta" ao líder da oposición de quen dixo que "non é un digno representante desta cidade", entre outras razóns, pola súa falta de "seriedade" á hora de pedir investimentos "sen pés nin cabeza" e lembroulle que o Orzamento xa ten previstas partidas para novas obras en Monte Porreiro.