A praia da Panadeira estreará un módulo de aseos a través do Plan Concellos da Deputación

Sanxenxo
20 de xullo 2017

Acaba de aprobarse unha xuda ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos por un valor de 17.621,74 euros. Con esta axuda, a porcentaxe de adxudicación do Plan Concellos en Sanxenxo sitúase o 54,8%. Isto supón que o concello xa dispón de 613.885,33 euros dun total de máis de 1.100.000 euros

Praia da Panadeira, en Sanxenxo Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo recibirá unha nova axuda no marco do Plan Concellos da Deputación Provincial que permitirá o subministro e a instalación dun módulo de aseos na praia da Panadeira. 

Segundo informou a Deputación de Pontevedra, acaba de aprobarse unha axuda ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos por un valor de 17.621,74 euros.

Con esta axuda, a porcentaxe de adxudicación do Plan Concellos en Sanxenxo sitúase o 54,8%. Isto supón que o concello xa dispón de 613.885,33 euros dun total de máis de 1.100.000 euros. 

A Deputación xa destinou a Sanxenxo 277.020,36 euros para o subministro dun tractor con desbrozadora, brazo lateral e cabina forestal, de material de accesibilidade para as praias, dunha maquinaria para o mantemento dos parques e xardíns, a pavimentación do núcleo de Bordóns, o acondicionamento do local para o comedor do CEIP Magaláns, o subministro de flexipasarelas para mellorar a accesibilidade das praias de Baltar e Silgar e para instalar tres lavapés en tres praias do municipio.

Ademais, recibiron 68.491,95 euros en liña 2 para diversas actividades como as festas patronais, o Entroido ou o 'Verán en Sanxenxo' e 250.751,28 euros para a contratación de 43 persoas.