A poxa de 'Miau', sobre a mesa do xuíz

O Salnés
13 de novembro 2012

O titular do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sé en Vigo só ten sobre a mesa a petición dos administradores concursais de Alfageme para poxar a marca Miau. Das plantas de Vilaxoan e Ribadumia, aínda non hai nada, por agora. Como máximo esperará ata o venres para ordenar esta poxa.

Alfageme tiña tres grandes marcas: Miau, Peña e Eureka PontevedraViva

O titular do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sé en Vigo só ten sobre a mesa a petición dos administradores concursais de Alfageme para poxar a marca Miau. Das plantas de Vilaxoan e Ribadumia, aínda non hai nada, por agora. Como máximo esperará ata o venres para ordenar esta poxa.

Desde que o maxistrado asina a orde de poxa e se publica no boletín debe transcorrer un mes, polo que podería marcarse para o día 18 de decembro.

Mentres tanto as traballadoras da fábrica en Ribadumia pasaron a súa primeira noite pechadas nestas instalacións ata obter unha resposta satisfactoria da Xunta de Galicia.

Todo está agora en mans do Goberno autonómico.

O Instituto de Promoción Económica, Igape, dependente da Consellería de Economía e Industria, ten que celebrar un consello extraordinario para pronunciarse sobre as tres ofertas presentadas e decidirse por unha delas.

O seu dictame ten que ser enviado á administración xudicial. Será a única forma de parar a poxa da marca Miau.

Por outra banda, o sindicato CGT ten concertada para hoxe unha entrevista co responsable da Fiscalía Superior de Galicia, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo caso Alfageme.

Arquivado en