A Pontevedra máis máxica convence a público de todas as idades

Pontevedra
13 de agosto 2020

O espectáculo 'O Afiador' do mago Teto baixou este mércores o telón da terceira xornada do ciclo 'Pontevedra Máxica', unha proposta cultural e de lecer que desde o luns anima a praza da Pedreira con actuacións de magos e ilusionistas de distintos estilos que están a atraer a espectadores de todas as idades

Espectáculo 'O Afiador' do mago Teto Cristina Saiz

O espectáculo 'O Afiador' do mago Teto baixou este mércores o telón da terceira xornada do ciclo 'Pontevedra Máxica', unha proposta cultural e de lecer que desde o luns anima a praza da Pedreira con actuacións de magos e ilusionistas de distintos estilos que están a atraer a espectadores de todas as idades. 

Na xornada deste mércores, a programación comezou ás oito e media con Fran Rei e 'A historia de Brancaflor' e durante os dous espectáculos confirmouse esa tendencia a esgotar as cadeiras instaladas para seguir a actuación e ter entre o público nenos, familias enteiras e adultos que acoden sós a ilusionarse. 

Este xoves, ás 20.30 horas actuará o mago Dani García co espectáculo 'Don Gelatti' e ás 22.30 horas chegará a 'Maxia con desgarbo' de Carlos Tomico.

A traca final do ciclo chegará o venres 14 á praza da Pedreira con dous ilusionistas, Fani Triana e a súa 'Maxia pola igualdade' ás 20.30 horas e a 'Lingua do País' de Martín Camiña ás 22.30 horas. 

Arquivado en